Ameixa Xapónica (kg)

Dende 30,00 

Ruditapes philippinarum

Non é unha especie autóctona de Galicia, pero dende hai décadas o seu cultivo está estendido por todas as nosas Rías. A ameixa babosa de Carril japonica é de maior calidade que as que se producen noutras zonas de Europa, grazas ao ecosistema no que se cultivan. É unha ameixa grande.

Información de tamaños

Ameixa Xapónica Selección (25-30 pezas/kg)
Ameixa Xapónica Extra (30-40 pezas/kg)
Ameixa Xapónica Grande (45-60 pezas/kg)
Ameixa Xapónica Mediana (65-90 pezas/kg)

O seu nome científico é Ruditapes philippinarum. Presenta unha cuncha sólida, ovalada, equivalva e inequilátera. Presenta o lado anterior máis curto, redondeado e estreito que o posterior. As súas costelas radiais moi marcadas. De cor marrón, gris ou negra e poden presentar manchas de cores máis intensas. No seu interior ten unha cor branca-amarelada.

Viven enterrados en zonas intermareais areosas. Son moluscos que poden alcanzar un tamaño grande.

Captúranse con rastro ou gancho a pé ou desde barcos.

Non é unha especie autóctona, é autóctona do Indo-Pacífico pero foi introducida no noso país con fins comerciais.

IMPORTANTE: Todos os nosos produtos sérvense vivos e frescos. Conservar a unha temperatura entre 2 e 5ºC.

Todos os nosos produtos sérvense vivos, polo que é recomendable consumilos nun prazo máximo de 2 días desde a súa recepción, e conservalos. SEMPRE na neveira entre 2º e 5ºC.

Todos os nosos produtos pasaron polo obrigatorio proceso de depuración, polo que non é necesario poñelos en auga salgada antes do seu consumo.

Recoméndase pasar o produto por auga para lavalo antes da súa preparación. Comprobe tamén por se algún dos bivalvos estivese roto ou aberto e non se pechou ao manipulalo. Neste caso desbota-lo.

Despois da cocción, se algún dos bivalvos permanece pechado, desbotar, non forzar a abrir.

Outros produtos