Ameixa Fina (kg)
Dende 110,00 €
Ruditapes decussatus
É a ameixa babosa coñecida como Almeja de Carril. É a especie de maior valor gastronómico, xa que se trata dunha ameixa babosa de moi alta calidade, moi tenra e cun sabor exclusivo. Poden chegar a ser moi grandes, e a mellor forma de comelos é crúas, cun sabor inmellorable.
- A unidade é igual a 1kg
Información de tamaños
Ameixa Fina Selección (20-30 pezas/kg)
Ameixa Fina Extra (30-40 pezas/kg)
Ameixa Fina Grande (45-60 pezas/kg)
Ameixa Fina Mediana (65-90 pezas/kg)
De nome científico Ruditapes decussatus. Ten unha forma moi parecida á ameixa xapónica.
Tamén presenta unha cuncha sólida, ovalada, equivalva e inequilátera, cunha cara anterior máis curta, redondeada e estreita que a posterior. No caso da ameixa babosa, as súas costelas radiais son máis sutís, menos marcadas, sobre todo na zona media, podendo marcar algo máis nos bordos. Consta dunha coloración agrisada ou crema, con algunhas manchas escuras e a súa parte interior, de cor branca amarelada.
Vive en zonas próximas á costa, soterradas en fondos areosos e lamacentos. Filtran grandes cantidades de auga a través dos seus dous sifóns, tomando fitoplancto e materia orgánica.
Cóllense a man con pas, anciños... ou con ganchos, sobre todo a pé e tamén desde barcos.
É unha especie de gran valor gastronómico.
IMPORTANTE: Todos os nosos produtos sérvense vivos e frescos. Conservar a unha temperatura entre 2 e 5ºC.
- Gastos de envío: 12€
- Gratuitos en pedido superiores a 130€
Guía de conservación
Todos os nosos produtos sérvense vivos, polo que é recomendable consumilos nun prazo máximo de 2 días desde a súa recepción, e conservalos. SEMPRE na neveira entre 2º e 5ºC.
Todos os nosos produtos pasaron polo obrigatorio proceso de depuración, polo que non é necesario poñelos en auga salgada antes do seu consumo.
Recoméndase pasar o produto por auga para lavalo antes da súa preparación. Comprobe tamén por se algún dos bivalvos estivese roto ou aberto e non se pechou ao manipulalo. Neste caso desbota-lo.
Despois da cocción, se algún dos bivalvos permanece pechado, desbotar, non forzar a abrir.
Outros produtos
-
Ameixa Babosa (kg)
Dende 51,00 € -
Ameixa Xapónica (kg)
Dende 30,00 € -
Berberecho (kg)
45,00 € -
Navalla (kg)
43,00 €



