Ingredientes
(Para 4 persoas)
- 500 gr. de Berberechos
- 400 gr. de espaguetis negros
- 3 dentes de allo
- 1 caiena
- 1/4 de vaso de viño branco
- Aceite de Oliva Virxe Extra
- Sal
Elaboración
Nunha pota botamos un pouco de auga xunto cos berberechos e cocemos ao vapor a lume medio-alto. Unha vez que se abran, sacamos os berberechos, retiramos a casca e reservamos.
Pasar o caldo resultante da cocción dos berberechos por un coador e reservar.
Cocer a pasta durante o tempo indicado polo provedor (engadir un pouco de sal mentres se cociña xa que o caldo dos berberechos salgará o prato). Unha vez rematado, conservamos un cazo con auga de cocción por se fose necesario.
Cortar os allos en rodajas e douralos nunha pota co aceite e a pementa caiena.
Cando os allos estean dourados, engadimos o viño xunto co caldo da cocción dos berberechos e deixamos ferver mentres removemos a pota para que se ligue a salsa.
Unha vez que a salsa estea lista, baixa o lume, engade a pasta e os berberechos e removemos. Se é necesario, engade un pouco de auga da cocción da pasta. Apagamos o lume e servimos.