Ingredientes
(Para 4 persoas)
- 1kg de Ameixas (Recomendamos ameixa babosa para esta receita)
- 2 Cebolas medianas
- 1/2 Vaso de viño branco
- Perexil
- Aceite de Oliva Virxe Extra
- 1 Cdta. de Pimentón dulce
- Sal
Elaboración
En primeiro lugar, picamos ben a cebola (moi importante para que a salsa espese sen necesidade de usar fariña) e poñemos a refogar nunha pota cun pouco de aceite e un chisco de sal.
Picar o perexil e reservar.
Cando a cebola estea ben pochada, engadimos o perexil, a cucharadita de pimentón doce e mesturamos ben sen deixar de remexer uns segundos, a lume medio, para que non se queime o pimentón.
Engadir o viño e pór a ferver mentres removemos a pota en círculos para que a salsa se ligue.
Engadir as ameixas e tapar a pota, a lume medio-alto e cociñar ata que se abran.